ENTREGA DE DIPLOMAS DO OBRADOIRO DE EMPREGO “EMPRENDENDO”

Este pasado día 8 de xullo tivo lugar en Betanzos o acto de entrega de diplomas ós participantes no Obradoiro de Emprego “Emprendendo” no que participou o Concello de Paderne xunto cos concellos de Abegondo, Betanzos, Carral e Coirós.

Dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, un dos seus obxectivos era a mellora da ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas.

As especialidades que se impartiron foron a “Promoción turística local e información ó visitante” e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”.

O Alcalde de Paderne, César Longo, entregou os diplomas ás dúas persoas participantes de Paderne no acto que tivo lugar nas dependencias do Concello de Betanzos.