PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “SOCIOSANITARIO II”

Este día 28 de setembro presentouse no Concello de Miño o Obradoiro de Emprego “Sociosanitario II” que se realiza en colaboración conxunta entre os concellos de Miño, Pontedeume e Paderne.

A especialidade que se vai a desenvolver é a de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e dará emprego e formación a un total de 20 alumnos dos cales 6 son do Concello de Paderne.

Actualmente o Concello de Paderne está a participar en tres obradoiros de emprego de maneira simultánea o que ven a dar unha idea do esforzo que se está a realizar por axudar a mellorar as condicións de vida das persoas do municipio proporcionando emprego e formación que lles axude, nun futuro, a desenvolver un traballo estable.

O Alcalde mostrou a súa satisfacción por este logro esperando que cumpra os obxectivos de mellora de calidade de vida polos que tanto ven a loitar.

© 2013 Concello de Paderne