OBRADOIRO SOBRE O AFORRO DE LUZ NO FOGAR

O Concello de Paderne pon a disposición das familias do municipio, a posibilidade de participar nun obradoiro formativo en relación co aforro enerxético no fogar.

Será o vindeiro 20 de marzo ás 18:30 h na Casa do Concello. Trátase dunha soa sesión de hora e media na que se tratarán os seguintes temas da maneira sinxela e accesible para tódalas persoas:

  • Comprender a factura da luz e optimizala segundo as necesidades de cada familia
  • Mostrar opcións para pequenos cambios nas vivendas que supoñan un aforro enerxético e económico
  • Ofrecer pautas de comportamento que proporcionen a posibilidade de aforrar no consumo do fogar
  • Bono social e outras axudas: como se poden solicitar, a onde se deben dirixir, ...

Os que desexen asistir poden anotarse ata o día 15 de marzo. O aforo está limitado a 20 persoas.

Para maior información e inscricións poden dirixirse á oficina de servizos sociais do Concello.

© 2013 Concello de Paderne