OBRADOIRO DE EMPREGO GARANTIA XUVENIL

O Concello de Paderne ven de recibir a concesión dun obradoiro de emprego dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ao abeiro do Acordo de colaboración entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coiros e Paderne para a posta en marcha do obradoiro de emprego “ Emprendemento xuvenil”

A través del, 20 alumnos poderán formarse e obter o certificado de profesionalidade nas especialidades de Promoción turística local e información ao visitante e  Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Poderán ser participantes deste programa aquelas persoas mozas inscritas, e en situación de beneficiarias, no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.