OBRADOIRO DE EMPREGO: “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO RURAL”

Neste pasado mes de setembro, desde a Xefatura Territorial, Servizo de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ven de comunicarse a concesión dunha subvención para a realización dun novo obradoiro dual de emprego “Reserva de Biosfera: Emprego Rural” solicitado conxuntamente polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

Coas especialidades de “Fruticultura” e “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” e complementariamente “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” para un total de 20 alumnos, dará continuidade ó desenvolto anteriormente no que xa se viñeron realizando traballos de plantación de cepas e cultivo na finca de viticultura “Leira Grande do Portelo” en Souto e de plantación de árbores froiteiras no lugar de “O Pedregoso” en Adragonte.