OBRADOIRO BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
Conscientes do problema do desemprego e coa finalidade de contribuír a mellorar as posibilidades de atopar un posto de traballo, o Concello de Paderne celebrará na Casa Consistorial un obradoiro de Busca activa de emprego o vindeiro día 15 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas.
O obradoiro está dirixido ás persoas desempragadas do Concello e procurará non só unha aportación de contidos teóricos senón tamén prácticos, onde as persoas participantes poidan sacar o máximo proveito e ver o obradoiro como un medio eficiente e eficaz que facilite a súa incorporación ó mercado laboral.
As persoas que desexen inscribirse poden facelo nas oficinas municipais ou chamando ós teléfonos do Concello 981 797001 – 981 776302.