O Local Social de Quintas acolle un Obradoiro de Cociña o mércores 30 de outubro co chef local Luis Calo

A actividade ten como unha das súas finalidades pór en valor os produtos da Ría de Betanzos
O Concello de Paderne organiza o mércores 30 de outubro, a partir das 20:00 horas, un Obradoiro de Cociña no Local Social de Quintas. 

A actividade estará dirixida polo chef local Luis Calo, que elaborará receitas con produtos da Ría de Betanzos, xa que unha das finalidades é pór en valor estes produtos da Confraría de Pescadores de Miño, á que pertencen as e os mariscadoras e mariscadores de Paderne.
Esta iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea, ao abeiro das axudas da Consellería do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.
Para participar, é preciso inscribirse de xeito previo no Concello.