OBRADOIRO SOBRE O AFORRO DE LUZ NO FOGAR

O Concello de Paderne realizou, o pasado 20 de marzo, un obradoiro formativo en relación co aforro enerxético no fogar.

Temas tan importantes como o de comprender a factura da luz e optimizala segundo as propias necesidades, ilustrar ás persoas sobre os cambios que se poden realizar nas vivendas para economizar no consumo así como recordar pautas de comportamento útiles para este fin ou que coñeceran o bono social e as axudas ás que poden acceder, foron os importantísimos puntos a tratar na xornada completándose o aforo previsto.