NOVA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O Concello de Paderne está a ultimar a oferta de actividades para este curso 2023-2024 coa que tódalas familias do Concello con fillos e fillas de 3 a 16 anos poidan dispor de opcións, tanto educativas como de lecer e tempo libre.
Novamente cóntase con actividades de REFORZO EDUCATIVO nas materias de Inglés, Matemáticas, Lengua e Lingua imprescindibles para a formación dos/as menores.
Durante este curso contarase tamén con algunhas opcións lúdicas coas que os/as pequenos/as terán a oportunidade de socializar, divertirse e aprender a compartir espazos e regras xunto cos seus compañeiros/as.
Unha oferta ampla na que se quere, ademais de axudar ás familias, proporcionar espazos de relación e de ocio para que os/as nenos/as reforcen os seus lazos e pasen agradables momentos entre eles.
Darán comezo no mes de outubro e os/as interesados/as poderán chamar ao Concello ou consultar a páxina web para obter toda a información sobre as mesmas.