SOLICITUDE DE NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

O Concello de Paderne ven de asinar a solicitude de dous obradoiros de emprego ó abeiro da Orde do 8 de febrero de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por unha banda, o obradoiro de emprego “A DEPENDENCIA: EMPREGO SOSTIBLE” coas especialidades de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, integrado por 10 alumnos, e a especialidade de “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade” que daría formación a outros 10 alumnos. A solicitude deste obradoiro foi asinada conxuntamente entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne.

Tamén se asinou, este pasado día 24 de marzo, o Convenio de colaboración para a solicitude do obradoiro de emprego “SOCIOSANITARIO II” a desenvolver entre os concellos de Miño, Pontedeume e Paderne na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” para 20 alumnos.

© 2013 Concello de Paderne