CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA A SOLICITUDE DE DOUS NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

Ó abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, solicitáronse os seguintes obradoiros de emprego en colaboración con outros concellos.

1.- Con data do 2 de maio, vense de asinar un acordo de colaboración entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne para a posta en marcha do obradoiro de emprego “A DEPENDENCIA: EMPRENDEMENTO XUVENIL” nas especialidades de “Promoción turística local e información ó visitante”, para 10 alumnos e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” para outros 10 alumnos.

2.- Con data de 10 de maio, asinouse tamén o convenio de colaboración entre os concellos de Miño, Paderne e Pontedeume para a solicitude de subvención para o obradoiro de emprego “MOCIDADE I” nas especialidades de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” para un total de 20 alumnos.

Para poder participar neles é necesario estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Coa sinatura destes Convenios, son xa 5 as solicitudes para a realización de obradoiros de emprego nos que o Concello de Paderne está a traballar co fin de proporcionar recursos de formación e emprego para os seus habitantes.

© 2013 Concello de Paderne