O CONCELLO DE PADERNE PARTICIPA NA SOLICITUDE DE CATRO NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO

 

No empeño de seguir proporcionando oportunidades de traballo e formación ás persoas do Concello, veñen de asinarse catro novos convenios de colaboración con varios concellos do entorno para a solicitude dos seguintes obradoiros de emprego:

  • Obradoiro Dual de Emprego “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE”, nas especialidades de “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”, “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”, e complementariamente “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”, para un total de 20 alumnos. En convenio de colaboración entre os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

 

  • Obradoiro Dual de Emprego “EMPREGABILIDADE E COIDADOS”, nas especialidades de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, “Atención sociosanitaria a persoas en domicilio” e “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade”, para un total de 20 alumnos. En convenio de colaboración entre os concellos de Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne.

 

  • Obradoiro de Emprego “ARTABROEMPRENDE II”, nas especialidades de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” e “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” para un total de 20 alumnos. En convenio de colaboración entre os concellos de Miño, Paderne, Pontedeume, Monfero e Cabanas.

 

  • Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “EMPREGO, XUVENTUDE, FUTURO” nas especialidades de “Soldadura con electrodo revestido e TIG” e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” para un total de 16 alumnos. En convenio de colaboración entre os concellos de Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne.