PRESENTACIÓN DOUTRO OBRADOIRO DE EMPREGO

O Obradoiro de Emprego “A dependencia: emprego sostible” presentouse este luns día 18; as súas especialidades son “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade”.

Este obradoiro vaise a realizar en colaboración conxunta entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne e dará emprego e formación a un total de 20 alumnos, 10 en cada unha das especialidades.

Buscando sempre o benestar das persoas de Paderne, seguen a realizarse os esforzos necesarios para que os veciños melloren as súas condicións de vida facilitando o acceso a postos de traballo.

© 2013 Concello de Paderne