PRESENTACIÓN DUN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO

Este pasado día 11 de setembro tivo lugar a presentación dun novo obradoiro de emprego “Reserva da Biosfera: emprego sostible” nas especialidades de “Floricultura” e “Produción de sementes e plantas en viveiro” recibindo, ó remate dos mesmos, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Este obradoiro realízase conxuntamente entre os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne e vai a dar emprego e formación a un total de 20 alumnos, 10 en cada unha das especialidades por un período de nove meses.

© 2013 Concello de Paderne