REINVENTAR A CIDADE METROPOLITANA DO S.XXI

O pasado 28 de Outubro, o Alcalde de Paderne, César Longo Queijo, como Vicrepresidente da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, participou no acto institucional de presentación do ciclo de debates “ Reinventar a Cidade metropolitana do S.XXI” organizado pola Asociación AMC3.0 que se celebrou no Sporting Club Casino da Coruña.

A asociación propón a celebración deste segundo Foro Metropolitano de debate coa finalidade de crear un marco de reflexión e participación no que se aborden os piares estratéxicos sobre os que construír un proxecto de cidade metropolitana do futuro.

Xunto co Alcalde, participaron no debate, Andrés Precedo Ledo, Presidente da Asociación Metropolitana Coruña 3.0, Julio Sacristán de Diego, Deputado Provincial e Alcalde de Culleredo, José Antonio Santiso Miramontes, Presidente do Consorcio de As Mariñas e Xulio Ferreiro Baamonde, Alcalde de A Coruña.