GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO NORTE

Recentemente constituiuse o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte que agrupa aos 10 concellos que van desde Paderne ata Ferrol (Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol).

Este Grupo, atópase inmerso no deseño e preparación da que será a súa planificación estratéxica para os vindeiros anos, estratexia que enmarcará e fixará os proxectos e contidos a desenvolver dende o Grupo para abordar unha mellora do noso territorio en distintos ámbitos.

Neste sentido, o Concello de Paderne, por medio do seu Alcalde, César Longo como Vicepresidente, participou o pasado 22 de outubro, na Casa do Pescador de Miño, na primeira sesión de traballo, na que se fixo unha presentación xeral do GALP así como o comenzo para elaborar a súa planificación estratéxica.