A PERSPECTIVA LOCAL NA XESTIÓN DO MEDIO AMBIENTE E DOS ESPAZOS NATURAIS

O pasado 22 de outubro, o Alcalde de Paderne participou, en calidade de Vicepresidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como moderador dunha mesa redonda no foro “A perspectiva local na xestión do medio ambiente e dos espazos naturais” que tivo lugar no Castelo de Santa Cruz en Oleiros.

O obxectivo desta xornada, foi crear un espazo de punto de encontro para dar a coñecer o que se está a facer nos distintos concellos da provincia da Coruña, onde existen exemplos de boas prácticas na xestión ambiental desenvoltas tanto polas administracións, entidades sen ánimo de lucro, empresas etc., dar visibilidade a estas iniciativas e dinamizar a creación de sinerxias de colaboración entre as diferentes entidades que traballan no territorio