ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS NA AULA DA RÍA

No local da Aula da Ría leváronse a cabo este ano distintas actividades como visitas, roteiros etnográficos e de biodiversidade, así como actividades coas escolas infantís, con rapaces en idade escolar e con adultos.

Coa finalidade de poder seguir realizando actividades, recentemente realizouse unha mellora do seu acceso a través do proxecto que “Eliminación de barreiras arquitectónicas para o acceso á aula da Ría”.

Neste sentido, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) , no marco do Programa Operativo Feader Galicia 2007-2013, concedeu unha subvención e o Concello de Paderne aportou fondos propios co obxectivo de poder executar este proxecto no que o Alcalde puxo especial coidado a fin de facilitar que persoas de tódalas condicións físicas tivesen garantido o uso destas instalacións.