OBRADOIRO BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Conscentes do problema do desemprego e coa finalidade de contribuír a mellorar as posibilidades de atopar un posto de traballo, o Concello de Paderne celebrará na Casa Consistorial un obradoiro de Busca activa de emprego o vindeiro dia 12 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O obradoiro está dirixido ás persoas desempregadas do Concello e procurará non so unha aportación de contidos teóricos, senón tamén prácticos, onde as persoas participantes poidan sacar o máximo proveito e ver o obradoiro como un medio eficiente e eficaz que facilite a súa incorporación ó mercado laboral.

As persoas que desexen inscribirse nel poden facelo nas oficinas municipais ou chamando ós teléfonos do Concello 981797001- 981776302.