NSTALACION TERMINAL INTERACTIVO

O Concello de Paderne, coa aportación de fondos propios e contando cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR Galicia 2007-2013 para o proxecto “Mellora da accesibilidade e sinalización en Paderne. Instalación terminal interactivo na Praza do Consistorio”.

Neste sentido, o Concello de Paderne instalou un terminal interactivo na Praza do Consistorio, no cal se proxectará diferente información municipal de interese e de recente actualidade.

Este proxecto conta tamén co cofinanciamento da Deputación da Coruña mediante a Resolución de concesión de subvención relativa á Convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para investimentos en promoción turística durante o exercicio 2015.