SUBVENCIÓN NOMINATIVA DA DEPUTACIÓN


Estanse a realizar as melloras na rede viaria das parroquias de Adragonte, Vigo, Quintas, Velouzás e Viñas a través dunha subvención nominativa da Deputación da Coruña por un importe de 90.000 €.

As obras consisten no afirmado de camiños, limpeza de cunetas e colocación de tubaxes de formigón para a recollida de pluviais.

Os camiños beneficiados por esta subvención son:

  • Camiño da Sequeira
  • Camiño de Ambroa
  • Camiño da Esfarrapa
  • Camiño do Batán
  • Camiño de Lambre a Borrallos
  • Camiño de Ponte do Porco a Hormeiro

Ademais desto, no viario entre Ponte do Porco e cruce de Montecelo, colocarase unha banda reductora de velocidade, nova sinalización e sumidoiro transversal.

© 2013 Concello de Paderne