NOVA EQUIPACIÓN PARA EMERXENCIAS

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ó Concello de Paderne ven de concedérselle un vehículo furgón para transporte e loxística moi necesario para encarar as necesidades diarias que se presentan.

O Alcalde xunto co presidente da Agrupación na recollida do vehículo

O Alcalde, acompañado polo presidente da agrupación de voluntarios de protección civil, foi a recoller este novo vehículo que ven a completar a dotación de vehículos para misión de protección civil solicitados polo Alcalde co fin de proporcionar os medios materiais e técnicos necesarios para as emerxencias que se poidan producir no Concello.