CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS DE NIVEL BÁSICO

O Concello de Paderne, a través da Oficina Agraria Comarcal de Betanzos e sendo consciente da necesidade dun título que acredite estar en posesión dos coñecementos necesarios para a manipulación dos productos fitosanitarios, celebrou un Curso Básico que acredite o manexo dos mesmos.

O Concelleiro de Educación, Xuventude e Deporte realizando a presentación do curso

Este curso realizouse os días 7, 8, 9, 10 e 11 de setembro nas dependencias da Casa Consistorial en horario de 17:00 a 20:30 horas.

A súa temática estivo centrada nos temas lexislativos e nos coñecementos necesarios para a aplicación e manipulación destes productos.

As persoas inscritas tiveron a oportunidade de demostrar os coñecementos adquiridos realizando un exame o día 15 de setembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo a fin de obter con elo o título acreditativo.