ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CONCELLO DE PADERNE

Neste mes de setembro o Concello de Paderne ven de facer pública unha nova oferta de actividades para grandes e pequenos con novas opcións intentando dar resposta ás necesidades de todos.

Dentro das actividades extraescolares; é dicir, aquelas que se ofertan para os nenos e nenas en idade de escolaridade obrigatoria, contémplanse tanto as actividades deportivas como as actividades educativas complementando os contidos e curriculum escolar nun ambiente agradable para os asistentes.

Seguindo esta filosofía e dentro das actividades deportivas, temos a opción do fútbol sala, do bádminton, a psicomotricidade para os máis pequeniños e, como novidade, a actividade de patinaxe.

Como actividades culturais poden participar en informática e inglés que se imparte por niveis e ciclos educativos.

Para participar nestas actividades gratuítas, o único requisito é estar censado no Concello de Paderne e asinar un consentimento do pai/nai, titor/a que dea o consentimento para a asistencia do menor.

Todas elas comezarán a desenvolverse na segunda semana do mes de outubro.