FESTA DE NADAL NAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Debido ás medidas que debemos adoptar pola COVID-19, este Nadal tampouco se puideron reunir as dúas Escolas de Educación Infantil do Concello para a celebración conxunta da Festa de Nadal.
Pero, Papá Noel acompañado dos Elfos, desprazouse á Escola de Viñas e á Escola de Areas o pasado venres 17 de decembro.

Ante a cara de expectación dos pequeniños, Papá Noel foi recollendo as cartas que lle tiñan preparadas e falando con cada un deles recomendándolles ser bos na casa e tamén na escola.
Os Elfos tamén lles fixeron pasar uns divertidos momentos cos xogos que traían preparados e os contos nos que os fixeron participar; logo repartiron globos con figuras para, finalmente, sacar unha foto de recordo.