FESTA DE NADAL PARA AS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE PADERNE
Este pasado 14 de decembro, Papá Noel achegouse ao Concello de Paderne para recoller as cartas dos/as pequeniños/as das Escolas de Educación Infantil.
O servizo de autobús municipal encargouse do traslado desde as respectivas escolas, o que resultou unha experiencia moi agradable para moitos deles, dado que nunca se desprazaran en bus xunto aos seus compañeiros
Á súa chegada, pasaron directamente ao salón do Centro de Maiores onde estaba todo preparado para asistir á representación da obra “O apalpador e a nena sen medo” xunto cos/as neniños/as da Casa Niño.
Xusto ao rematar a merenda, recibiron a visita do Alcalde que quixo participar dese momento cos/as pequeniños/as e ver as caras de ilusión cando entregaban as cartas a Papá Noel, contribuíndo así a alimentar a súa fantasía.