MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO

O primeiro fin de semana de xullo, o sábado día 2 e o domingo día 3, vai a ter lugar en Paderne a edición anual que sobre o Branco Lexítimo realiza o Concello.

Cita referente na Comarca das Mariñas, preséntase como unha aposta decidida por un dos grandes valores do Concello, o viño Branco Lexítimo, así como pola confianza depositada no traballo ben feito por parte dos empresarios do sector que están a tratar con mimo este producto acadando unha calidade digna de competir en carquer mercado.

Completando o atractivo que xa de por si representa o coñecemento do viño, os visitantes á Mostra van a poder atopar unha representación do sector da alimentación, da maquinaria, da artesanía que os colectivos municipais realizan, artesanía tamén da comarca, obradoiros de cociña, catas comentadas con gran atractivo para os profesionais e estudiosos do viño, atraccións diversas pensadas para tódalas idades e un espazo para comer e así poder pasar estes dous días con comodidade en Paderne.

Un traballo que se está a ultimar con ilusión para seguir facendo desta convocatoria unha cita importante e única en toda a provincia.