CONSTITUCIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN DOS GDR`S DE GALICIA

Este 24 de agosto, tivo lugar o acto de constitución da Mesa de Coordinación dos GDR`s de Galicia coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Os obxectivos prioritarios serán a coordinación de programas e políticas, especialmente a Medida LEADER nos vindeiros anos. 

No acto participaron César Longo, vicepresidente da Reserva de Biosfera e Alcalde de Paderne  e José González, Conselleiro de Medio Rural, quen destacou que "os grupos de desenvolvemento rural son os nosos ollos no territorio, e hoxe comezamos a mellora da coordinación, transversalidade e visibilidade do traballo que realizan estas asociacións, chave para facer Galicia rural".