MELLORA DE INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS

Co obxecto de promover o turismo no Concello, o Concello de Paderne asinou un Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para realizar actuacións de mellora das infraestruturas turísticas “Mellora e acondicionamento de fontes e prazas en Paderne” na cal se contempla a mellora e acondicionamento das Fontes de San Pantaleón que están no Camiño Inglés, as fontes de Souto, Vilademeus e a da Praza Pública de Chantada, todas elas nas parroquias de Souto e Viñas e polas que pasa o Camiño Inglés de Santiago.

O importe total do investimento a realizar é de 30.000 €, dos cales a Axencia de Turismo de Galicia achega unha contía de 19.500 € con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aportando, o Concello de Paderne, a cantidade de 10.500 €.

Esta inversión vai a supoñer unha gran mellora para o patrimonio cultural do Concello, tendo en conta ademais que as fontes do Camiño Inglés representan un recurso turístico de gran importancia para atraer visitantes.