Xornada: “MELLORA NA CALIDADE ORGANOLÉPTICA DOS VIÑOS DAS IXP DE GALICIA”

A Xornada, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, foi realizada o día 30 de xuño no espazo coworking de Souto, no Concello de Paderne.

Estivo presentada polo Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, e impartida por Luís Paadín e Alejandro Paadín que desde as 9.00 ata as 14.00 h debateron sobre a mellora na calidade organoléptica dos viños das IXP de Galicia contando coa presenza de viticultores e adegueiros destas indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. 
Abordouse a evolución dos mercados do viño a corto e medio prazo e as necesidades e propostas de acción de promoción en relación á situación comercial actual e calidades percibidas.