MELLORA DA ACCESIBILIDADE

Segundo a Orde do 21 de xullo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, da Consellería de Política Social, o Concello de Paderne ven de solicitar unha subvención para o proxecto de “Mellora da accesibilidade no Concello de Paderne”.

Este proxecto contempla a colocación de paneis informativos nas parroquias coa finalidade de facilitar o acceso á información, tanto municipal, como calquera outra que poida ser de interese para a poboación.

© 2013 Concello de Paderne