SOLICITUDE PARA EQUIPAMENTO E MELLORA DE LOCAIS UTILIZADOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS
O Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda de 34:500 € á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en base á Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.
Esta axuda estará dirixida á mellora do centro cultural Os Desamparados de Souto e así ir proporcionando ós veciños instalacións adaptadas ás súas demandas e necesidades.