MEDIDAS DO CONCELLO DE PADERNE FRONTE Ó COVID-19

Unha das medidas adoptadas polo Concello de Paderne para a protección da poboación fronte ó Covid-19, é a desinfección periódica dos espazos de uso público que, segundo a normativa vixente neste estado de alerta, permanecen abertos para cubrir as necesidades da poboación.

Así, tódolos martes ata o remate da mesma e a través da súa empresa de limpeza, realizarase a desinfección do entorno de tódolos locais que permanecen abertos co fin de loitar contra a transmisión do virus e protexer así ás persoas que se vexan obrigadas a facer uso deles.