FESTA DOS MAIORES

Xa pasaron catorce anos desde que César Longo considerou importante dedicar un día de celebración e homenaxe a tódolos maiores do Concello dentro dos actos que anualmente se realizan en Paderne.

Un día de festa ó que todos poden acudir e no que se xuntan persoas de tódalas parroquias que non tiñan oportunidade de verse nin de pasar o día reunidos recordando así momentos vividos.

Nesta edición, a Festa dos Maiores celebrouse o pasado sábado 25 de abril no pavillón polideportivo municipal da parroquia de Viñas. Como sempre, os actos comezaron cunhas palabras do Alcalde para dar paso á Misa de campaña trala cal se realizou o acto de homenaxe ós maiores de cada parroquia que recibiron un detalle de mans do Alcalde.

A continuación foi servida a comida seguida do sorteo de regalos

© 2013 Concello de Paderne