ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA DA UNED SÉNIOR PARA O SEGUNDO CATRIMESTRE

A UNED A Coruña ten aberto, ata o próximo 17  de febreiro, o prazo de matrícula do segundo catrimestre do programa formativo UNED Sénior, dirixido a persoas maiores de 50 años que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames.     

O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais. 

O programa é aberto e moitas materias cambian en cada curso; non obstante, cada estudante pode matricularse no número de materias que desexe e nas que estea interesado/a. Este curso 2019/20 no programa da UNED Sénior de A Coruña ofértanse 25 materias, 13 das cales impártense neste segundo catrimestre, entre as que se atopan as seguintes: Patrimonio Histórico, Actividade física e Incidencia na saúde, Cultura musical de Galicia, Historia da Arte, Iniciación á lingua inglesa II ou Introdución á informática, Internet e correo electrónico, entre outras.

As clases comezarán o vindeiro 17de febreiro e rematarán o 3 de xuño de 2020.     

Este primeiro catrimestre, no programa UNED Sénior do Centro houbo un incremento dun 17% de estudantes, pasando de 389 alumnos/as no curso pasado, a 420 este ano.  

Máis información en Secretaría do C.A. UNED A Coruña (c/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es