REPARTO DE MASCARILLAS DE PROTECCIÓN

Aportadas polos seguintes Organismos:

• Pola Xunta de Galicia en Convenio coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias)

• Pola Deputación da Coruña

• Pola Subdelegación do Goberno

• Polo propio Concello (que aporta as propias e as procedentes de donacions)

Prioridades para o reparto das mesmas:

1º.- Para as necesidades dos Servizos Sociais Municipais

- Servizo de Axuda no Fogar (SAF básico)

- Atención á Dependencia

2º.- Para o coidado e uso dos veciños en situación de risco

3º.- Para veciños que as precisen para traslados de necesidade (desprazamentos a centro de saúde, consultas e no propio servizo de transporte municipal para o uso das persoas que o utilicen)

O servizo de Protección Civil do Concello será o encargado de realizar o reparto domiciliario, sempre e cando se conte con existencias, dada a limitación das mesmas.