MARIÑAS CORUÑESAS PRESENTA EN FITUR O SEU PLAN DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA COMO “UN PUNTO DE INFLEXIÓN” PARA O TERRITORIO 

Este 18 de xaneiro, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo realizou a presentación oficial en FITUR do seu Plan de Sustentabilidade Turística; unha aposta decidida por desenvolver un destino de ecoturismo familiar neutro en carbono.

O Plan, para o que a Reserva de Biosfera destina 1,5 millóns de euros, está estruturado en catro eixes e inclúe accións para desenvolver nos 17 municipios: transición verde e sostible; eficiencia enerxética; transición dixital; e competitividade.

Na transición verde e sostible, a Reserva emprenderá a mellora da conectividade coa identificación e retirada de residuos da ría de Betanzos, a creación dunha rede de centros de interpretación da biosfera, e a elaboración dun Pacto Verde Municipal coa creación de regulamentos comúns entre os concellos.

No apartado de eficiencia enerxética llevaranse a cabo actuacións para a mitigación da pisada de carbono. Instalaranse puntos de recarga de vehículos eléctricos nos 17 municipios e recuperaranse sendas tradicionais ecoturísticas.

No ámbito da transición dixital, a entidade impulsará unha plataforma para a participación cidadá onde se poidan rexistrar incidencias, coa formación correspondente.

E en cuanto a competitividade, Mariñas Coruñesas promoverá a mellora da accesibilidade nos espazos públicos, coa dotación de pantaláns nas rías de O Burgo e Betanzos, o balizamento da ría de Betanzos, a creación dunha base náutica de deportes de vento en Arteixo e o impulso dunha base piloto en Gandarío para actividades ecoturísticas. Tamén se deseñará o proxecto de mercado da biosfera e un modelo de stand para feiras e eventos.

Na presentación en Fitur, estiveron o Presidente e Alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o  Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, o representante do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, e o técnico da Reserva, Diego López; o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, foi o encargado de cerrar esta presentación mostrando o apoio do goberno autonómico a Mariñas Coruñesas.