AXUDAS PARA MAIORES Y DEPENDENTES

SERVIZO GALEGO DE APOIO Á MOBILIDADE TRANSPORTE ADAPTADO 902 222 065

O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público de carácter social, de axuda ao desprazamento, programado e non urxente, de persoas en situación de dependencia e persoas con discapacidade (a partir do 65%), sempre que non poidan utilizar medios de transporte colectivo.

Os desprazamentos que cubre este servizo, por orde de prioridade, serán os seguintes:

1.-Acudir a consultas médicas ou tratamentos do sistema sanitario (sempre e cando o desprazamento non sexa competencia do devandito sistema)

2.-Traslados a ou desde residencias, centros de día ou a outros Centros Sociais do sistema Galego de Benestar ou sistemas privados.

3.-Traslados para a realización de actividades básicas da vida diaria que favorezan a autonomía e o desenvolvemento persoal: asistencia a xulgados, notarías, a actividades de carácter terapéutico, rehabilitador ou estético, a actividades de caracter sociofamiliar...

4.-Realización de actividades de carácter formativo e educativo.

A participación das persoas no pagamento do servizo será gratuíta para as rendas máis baixas.

No resto dos casos calcularanse as aportacións en función do volume de rendas.

Para solicitar este novedoso servizo pode dirixirse ó departamento de servizos sociais do Concello.

PROGRAMA "XANTAR NA CASA"

O Concello de Paderne traballa na posta en marcha do Programa "Xantar na Casa" do que moitos dos nosos maiores van a poder disfrutar nos vindeiros meses logo da firma do convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos Sociais.

Este é un servicio de comida a domicilio dirixido a persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e carentes de apoio para suplir esta situación, persoas con dependencia que carezan de apoio familiar e requiran de axuda para a preparación de alimentos ou persoas maiores de 60 anos en situación de exclusión social tecnicamente avaliada polos Servicios Sociais do Concello.

Coa súa posta en marcha preténdese facilitar e garantir unha alimentación san e equilibrada aquelas persoas que teñan limitadas as súas capacidades para a compra ou a elaboración de menús así como previr posibles trastornos de saúde derivados dunha mala alimentación ou de falta de hixiene na súa elaboración.
Os menús cos que contará o servizo serán completos e equilibrados, estarán correctamente condimentados e cunha boa presentación. Serán variados e adaptados ás necesidades das persoas ás que van dirixidos, ós seus gustos e hábitos, á gastronomía local a á época do ano.

Incluirán un primeiro prato a base de hidratos de carbono (arroz, legumes, pasta ou patacas) e verdura; un segundo prato composto por carnes ou peixes acompañados de guarnición, pataca ou ensaladas; postre e pan.

Para obter máis información sobre este programa poden dirixirse á Oficina de Servizos Sociais do Concello.

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE CAMAS ARTICULADAS

No interese por facilitar a vida das persoas dependentes proporcionándolles recursos e medios para o desenvolvemento da vida diaria, o Concello de Paderne ven de poñer a disposición dos seus habitantes un servizo de préstamo de camas articuladas e grúas para facilitar a mobilidade das persoas impedidas.

Este servicio é totalmente gratuíto e segue a completar as prestacións e beneficios que se están a xestionar polo equipo que dirixe César Longo en beneficio dos seus habitantes.

Esta camas articuladas están totalmente equipadas con colchón antiescaras e baldas ademais de dúas grúas que as complementan.

Poden solicitalo e completar información sobre o mesmo na oficina de Servizos Sociais do Concello.

© 2013 Concello de Paderne