LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PADERNE

Deste o ano 2018, o Concello de Paderne está a tomar importantes medidas para o control e erradicación da vespa velutina. Nesta liña, desde comezos de abril deste 2020 e ata o 27 de agosto, o Concello leva destruídos 74 niños grandes e 40 dos básicos, o que ven a demostrar a gran colonización que están a facer e a dificultade da tarefa para o seu control a pesares dos continuos esforzos.

Esta especie invasora, que non atopa inimigos naturais, está a causar graves danos na nosa biodiversidade e na economía da zona; atacan á abella produtora de mel, afectan á polinización, a biodiversidade e a cultivos tan importantes como os da vide comendo os racimos en canto a uva ten a suficiente cantidade de azucre e danando así gravemente a colleita. Un importante problema que está afectando especialmente ó branco lexítimo xerando grandes perdas na próxima produción de viño. 
En Paderne, ademais das trampas que se poñen para a súa captura, estase a proceder á retirada dos niños cada vez que son detectados polos veciños; a pesares de todo este esforzo, o Alcalde considera insuficientes os medios para loitar contra o problema demandando da Consellería de Medio Rural maior apoio para combatelo.