LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA

O Concello de Paderne segue a desenvolver un intenso traballo de protección e apoio ós veciños na loita contra a especie invasora da vespa velutina.

Co traballo da Protección Civil Municipal e o asesoramento e apoio dun apicultor do Concello, así como coa empresa de pirotecnia que acode a aplicar explosivos ós niños que así o requiren, desde o 12 de abril de 2017 ata o 9 de novembro de 2018, destruíronse un total de 347 niños.

Dada a alarma xerada, estanse a poñer tódolos recursos cos que conta o Concello para axudar ós veciños na resposta a este problema.