LOCALIZACIÓN

O Concello de Paderne conta cunha extensión de 39,8 km2, consta de 9 parroquias que son: Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, Souto, Vigo, Vilamourel, Villozás e Viñas e 61 entidades singulares de poboación.

A capital é Consistorio, núcleo da parroquia de Paderne, que se atopa no km 4,5 da estrada comarcal 640 (Betanzos-Viveiro) que surca o municipio de Oeste a Leste.

Paderne limita cos concellos de Miño, Bergondo, Betanzos, Coirós e Irixoa.

 

A principal vía de comunicación é a N-VI, que no seu tramo Betanzos-Ferrol, discorre polo sector occidental parella á ría e, en torno á cal, se atopan os dous principais núcleos de poboación (Souto e Viñas).

O clima é propio dunha área oceánica-húmida con precipitacións relativamente abundantes e unha temperatura media entre 9º e 18º o que favorece o desenvolvemento da cuberta vexetal.

O noso municipio está cheo de historia e habería que remontarse moi atrás no tempo para atopa-los primeiros poboadores.

A liñaxe dos Andrade marca, desde a Idade Media, a historia deste fermoso municipio, como se observa no seu escudo municipal. Nel temos representada unha ponte cun porco bravo no medio e a cada extremo unha cuncha de vieira, símbolo de peregrinos, que fai referencia ó paso do Camiño Inglés de Santiago por Paderne.

Fernán Pérez de Andrade “O Bo” no século XIV, mandou construír unha ponte sobre o río Lambre para establecer unhas boas comunicacións entre Pontedeume e Betanzos, cabeza dos seus feudos, tamén chamada Ponte do Porco, nome que fai referencia ó xabaril que simboliza a casa dos Andrade. Nesta ponte é onde probablemente ocurriu a lenda que deu lugar ó nome de Ponte do Porco e que é coñecida como a lenda de Roxín Roxal.

Nela fálannos de Roxín Roxal, servidor do señor de Pontedeume, Don Nuno Freire de Andrade. Este mozo namorouse de Teresa, xove filla do seu señor. Aínda que Roxín Roxal era correspondido pola nobre dama, esta tivo que casar co señor de Osorio, Don Enrique, por orde do seu pai. Un día que houbo unha batida de caza para perseguir un enorme porco bravo que estaba a facer estragos nas colleitas dos campesiños, o recente matrimonio decidiu participar nela con tan mala sorte que a parella atopouno xusto na Ponte de Lambre.

O señor de Osorio feriu ó enorme animal, pero non dabondo, pois o porco bravo revolveuse contra del e a súa xove dona; Don Enrique o ve-lo animal correndo cara a sí...

 


Parroquias

VIÑAS

SOUTO

VELOUZÁS

OBRE

PADERNE

ADRAGONTE

QUINTAS

VILAMOUREL

VIGO

RÍO LAMBRE

RÍO MANDEO

 

© 2013 Concello de Paderne