LIMPEZA, HIXENIZACIÓN E DESINFECCIÓN DE PRAZAS, PARQUES MUNICIPAIS E ACCESOS PÚBLICOS

 

Debido á situación provocada polo COVID-19 e co fin de ofrecer a tódalas persoas usuarias das prazas, parques e accesos públicos maior seguridade fronte ó virus, o Concello de Paderne vai a comezar co saneamento e desinfección destes espazos de uso público mediante a pulverización de solucións desinfectantes.

Unha medida coa que se quere protexer a tódolos veciños de posibles contaxios ofrecendo un entorno limpo e saneado do que poder disfrutar coas máximas garantías.