Limpeza de praias 2023
O Concello de Paderne foi beneficiario, ao abeiro da Resolución de presidencia número 2023/25710, do 28 de xuño, pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no 2023, da Deputación Provincial da Coruña, dunha subvención para o servizo Limpeza de praias 2023, por importe total da actuación de 18.284,08 €.
Coa limpeza das praias da Xurela e da Abeleira, na parroquia de Viñas, facilitouse o acceso as mesmas tanto por parte da poboación do concello, como doutras persoas que desde distintos pobos acoden a elas.