LIMPEZA DE PRAIAS

O Concello de Paderne ven de recibir unha subvención por importe de 12.597,87 € da Deputación da Coruña dentro do programa de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2020.

Permite a contratación de 3 peóns ata o 31 de outubro de 2020 para realizar as tarefas de desbroce e limpeza de accesos ás zonas de baño facilitando aí o tránsito das persoas que acoden a elas e proporcionando un entorno máis limpo e libre de malezas.