APROL – RURAL. SERVIZO DE LIMPEZA E DESBROCE
O Concello de Paderne está a realizar a contratación dun tractorista para o servizo de limpeza e desbroce de todo o termo municipal por un período de nove meses.
Con esta contratación, a través das subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) da Consellería de Emprego e Industria, trátase de realizar as labores de mantemento e limpeza das vías públicas e camiños co obxectivo de contribuír á prevención de incendios e manter en bo estado as aldeas do Concello.
Non debemos esquecer que os propietarios dos terreos son os que, por lei, teñen a obriga da limpeza das parcelas sendo os responsables directos do cumprimento do establecido na mesma, polo que, coa colaboración de todos esperamos manter o noso entorno en boas condicións para beneficio e tranquilidade de todos.