LICITACIÓN DOS PROXECTOS PARA HUMANIZAR UN TRAMO DO CAMIÑO INGLÉS

A Deputación da Coruña licita a redacción dos proxectos para humanizar un tramo do Camiño Inglés entre Miño e Paderne.
Despois da reunión do alcalde do Concello de Paderne co Presidente da Deputación, Valentín González, construirase unha senda de 1,3 quilómetros para conectar a Ponte do Porco e A Ponte do Lambre cun itinerario seguro para peóns.
O proxecto da DP-4804, realízase co obxectivo de ampliar esta vía, na que coexisten vehículos e peregrinos, xa que forma parte do itinerario do Camiño Inglés a Santiago.