DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das letras Galegas, ademais de ser un día grande para a cultura de Galicia, converteuse nun día especial na programación cultural que o Concello de Paderne ven a ofrecer cada ano.

A praza do Campo da Escola en Insua, serve de referente para esta celebración á que acoden os veciños da parroquia para render homenaxe ó persoeiro elixido pola Real Academia Galega que, nesta ocasión, veu a recaer en Xosé Filgueira Valverde (1906 – 1996).

As palabras do Alcalde fixeron referencia á importancia da lingua como sinal de identidade dun pobo e riqueza cultural, facendo énfase en todo o que esta aporta. Repasou tamén a traxectoria do autor para dar paso ás intervencións dos concelleiros de cultura que centraron as súas palabras na vida e obra de Filgueira Valverde.

O acto completouse coa intervención das gaitas de O Castro de Miño e as cancións do Orfeón Alcoa-Inespal para rematar todos xuntos charlando mentres se tomaban uns pinchos e un viño de Paderne.

© 2013 Concello de Paderne