DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Concello de Paderne, despois do parón imposto polas medidas sanitarias derivadas da Covid-19, volve a celebrar as Letras Galegas na Praza do Campo da Escola, en Insua, Viñas.

Nesta ocasión, a figura elixida pola Real Academia Galega é Florencio Delgado Gurriagán, poeta nacido no ano 1903 en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, Lugo.

O acto dará comezo ás 12:00 h cunhas palabras de benvida do Alcalde e un recordo á figura deste poeta que, por razóns ideolóxicas, tivo que realizar a súa obra desde o exilio.

As voces da coral Alcoa-Inespal, formarán parte do programa que rematará cuns pinchos e un viño da terra.