“LER CONTA MOITO “ NO CONCELLO DE PADERNE

O pasado 20 de xuño na biblioteca municipal de Paderne, os nenos das escolas unitaria do Concello foron partícipes dunha animada actividade de dinamización da lectura, dentro do programa “Ler conta moito “ da Xunta.

A xornada comezou cunha representación onde a biblioteca era o escenario principal e os libros parte das personaxes . Un pequeno teatrillo serviu para coñecer algúns dos monicreques protagonistas de libros coñecidos, por tódolos alí presentes. Seguindo cun obradoiro creativo onde os nenos fixeron os seus propios bonecos ademais de pequenas historias improvisadas.

A xornada rematou ca visita do alcalde que animou ós máis pequenos no uso destas instalacións e recordou o importante que é un bo hábito de lectura dende os primeiros anos.