ACTIVIDADE COS PEQUENIÑOS DENTRO DO PROGRAMA “LER CONTA MOITO”

Este  día 31 de agosto  o Concello  de Paderne organizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de entre tres e sete anos, no entorno da biblioteca. 

Esta actuación, englobada no programa de “Ler conta moito”, ten co obxectivo a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas integradas dentro da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia.

A partires das once e media da mañá, os máis pequenos participaron no  contacontos   “Centacontos contapés”, historias máxicas doutro mundo e doutro tempo que son atrapadas pola máquina atrapa-contos, que os transforma, facendo as delicias de todos eles.

Ademais de coñecer as instalacións e o funcionamento da  biblioteca, para os que viñan por primeira vez, foron coñecedores de tódolos títulos dos que dispoñemos, adaptados a súa idade, e dos que poderán desfrutar a modo de préstamo nas súas casas.